Redes sociales

Instagram Volver

CiQUS

Diego Peña

Diego Peña

Director científico

Explorando e dominando átomos e moléculas, avanzamos nos grandes retos da humanidade

Química Biolóxica e Materiais Moleculares

ciqus.usc.gal

A Química é unha das ferramentas máis poderosas coas que conta a sociedade para afrontar os desafíos do século XXI. Cada día, o compromiso dos investigadores do CiQUS permite explorar novas aplicacións en campos como a saúde (Química Biolóxica e Médica), ou a sustentabilidade (Materiais Funcionais, Catálise).

Desde o comezo da súa actividade, no ano 2011, o centro tense consolidado como referente de investigación interdisciplinaria na fronteira entre a Química, a Biomedicina e a Ciencia de Materiais.

Programa

Benvida a CiQUS

Presentación da xornada

E ti, Q queres descubrir? Mundo Miúdo. Unha aventura científica para nenos e nenas curiosos/as

  • O invisible. Que se agocha máis alá do que poden ver os nosos ollos?
  • A química da luz. Por que algunhas substancias brillan? E por que as chamas poden ter diferentes cores? - SXGQ
  • A ciencia da auga. A auga parece sinxela, pero agocha propiedades extraordinarias. Queres descubrílas? - SXGQ
  • Os segredos das cores. Todas as cores son o que parecen? - SXGQ
  • Materiais con superpoderes. Que fai que algúns materiais sexan tan especiais? – SXGQ

E ti, Q queres descubrir? Mundo Xove e Público Adulto. Unha inmersión na investigación desde as metodoloxías do análise cientifíco-técnico

  • A ciencia detrás do Nobel 2026. Un percorrido polas instalacións do CiQUS para descubrir as ferramentas que fan posible a investigación de vangarda.

Mind the Lab

  • 10:00 Bacterias kamikaze
  • 12:00 Novas modalidades terapéuticas para o tratamento do cancro
  • 16:00 Fármacos con GPS celular
  • 18:00 Materiais sostibles para converter e almacenar enerxía

Recunchos de ciencia

  • Memristores: materiais con memoria
  • Simulación molecular
  • Un cristal líquido no teu cerebro! O apaixonante mundo da mielina

MSCA Corner (Marie Curie Fellows)

  • 10:00 Puzzles Moleculares
  • 12:00 LINK-IT: Unha cuestión de encaixe
  • 16:00 Moléculas contra o cancro
  • 18:00 Transporte de biomoléculas