Benvida ao CiTIUS
Benvida da dirección do centro (10:00 - 12:00 - 16:00 - 18:00)
Adultos
Pola mañá (10:00-14:00)
As visitas ao centro comezan cun percorrido polas súas zonas experimentais e de demostración tecnolóxica:
-
IA na túa man: pode unha cámara entender o que ve?
Descubriremos como unha máquina pode «ver»: detectaremos caras automaticamente nun vídeo e poremos a proba a intelixencia artificial xogando con ela a pedra, papel ou tesoira.
-
Aquí, alá e acolá: a robótica preto de ti
Nesta visita poderás ver en funcionamento diferentes tecnoloxías coas que investigamos no laboratorio de robótica do CiTIUS, descubrindo como os robots perciben, se moven e realizan tarefas no mundo real. Coñecerás de preto sistemas moi diferentes, desde brazos robóticos e robots móbiles ata drons, robots cuadrúpedes ou humanoides. Unha oportunidade para descubrir como se deseñan e poñen a proba os robots que están a transformar a investigación e as súas aplicacións.
-
Tocar o invisible
Como podemos explorar aquilo que non podemos ver? Nesta visita ao Laboratorio de Realidades Intanxibles descubrirás como combinamos ciencia, tecnoloxía e creatividade para transformar fenómenos complexos en experiencias inmersivas e interactivas. Coñecerás os proxectos do equipo e poderás experimentar nas súas estacións de realidade virtual, explorando novas formas de percibir e comprender o mundo.
-
Humanidades computacionais: Tecnoloxías da linguaxe e evolución do verso
Que achega a computación masiva ao estudo do verso? Que desafíos presenta a análise automática da versificación para as tecnoloxías da linguaxe? Os tempos son chegados… dos dashboards das edades!
No Salón de actos celebraranse tamén charlas de divulgación a cargo de persoal investigador do CiTIUS:
- [11:10] Charla de divulgación (20’): «Da PlayStation 3 á computación cuántica: a supercomputación que sostén a IA». Francisco Javier Cardama
- [13:10] Charla de divulgación (20’): «A maxia dos semicondutores: dentro dun microchip». Paula López
Pola tarde (16:00-20:00)
O programa retómase con novas demostracións e actividades abertas:
-
Fedellando entre cables, chips e algoritmos: ven, explora, xoga e pregunta!
Que ten que ver a intelixencia artificial cunha impresora 3D, unha Raspberry Pi ou un pequeno microcontrolador? No MakerLab do CiTIUS creamos os nosos propios dispositivos, desde o deseño das pezas ata a programación de algoritmos que aprenden. Nesta demo descubrirás como o facemos a través de distintos exemplos, como as Game-CiTIUS, as nosas consolas portátiles dotadas de IA, ou un pequeno supercomputador capaz mesmo de simular un ordenador cuántico.
-
IA na túa man: pode unha cámara entender o que ve?
Descubriremos como unha máquina pode «ver»: detectaremos caras automaticamente nun vídeo e poremos a proba a intelixencia artificial xogando con ela a pedra, papel ou tesoira.
-
Humanidades computacionais: Tecnoloxías da linguaxe e evolución do verso
Que achega a computación masiva ao estudo do verso? Que desafíos presenta a análise automática da versificación para as tecnoloxías da linguaxe? Os tempos son chegados... dos dashboards das edades!
-
Tocar o invisible
Como podemos explorar aquilo que non podemos ver? Nesta visita ao Laboratorio de Realidades Intanxibles descubrirás como combinamos ciencia, tecnoloxía e creatividade para transformar fenómenos complexos en experiencias inmersivas e interactivas. Coñecerás os proxectos do equipo e poderás experimentar nas súas estacións de realidade virtual, explorando novas formas de percibir e comprender o mundo.
No Salón de actos celebraranse tamén charlas de divulgación a cargo de persoal investigador do CiTIUS:
- [17:10] Charla de divulgación (20’): «Enerxía á velocidade da luz». Natalia Seoane e Antonio García Loureiro.
- [19:10] Charla de divulgación (20’): «Os Modelos Grandes de Linguaxe: eses "lectores" compulsivos de texto». David E. Losada.
Xente miúda
Mañá e tarde (10:00-20:00)
O público máis novo participará en obradoiros específicos deseñados para aprender xogando, ao longo dunha serie de actividades concibidas para públicos entre 6 e 14 anos. As crianzas por debaixo da idade mínima (6) poderán asistir a esta parte da visita sempre que permanezan acompañadas en todo momento dunha persoa adulta.
-
Robots en acción
Prepárate para vivir unha experiencia chea de tecnoloxía, emoción e diversión! Os robots sairán á pista para enfrontarse a outros robots pilotados por participantes coma ti. Aquí, o protagonismo será de quen os pilote. Pon a proba os teus reflexos, habilidade e estratexia, controla o teu robot e intenta superar o resto de participantes. Conecta. Pilota. Compite. Unha competición na que cada movemento conta e na que terás que demostrar que es capaz de levar o teu robot ata a vitoria. Aceptas o desafío?
-
Robot mascota
Crea unha mascota que te siga! Programa o teu propio robot mascota e descubre como facer que cobre vida. Mediante os seus sensores de ultrasóns, o robot detectará onde está a túa man e reaccionará aos teus movementos: seguirá a túa man, retrocederá, xirará ou deterase, como se realmente fose a túa mascota. E aínda hai máis… Poderás programar as súas luces LED RGB para que cambien de cor segundo o movemento ou o comportamento do robot. Programa · Experimenta · Personaliza · Divírtete. Serás quen de programar a túa mascota?
-
Atrapa o LED
Prepárate para poñer a proba os teus reflexos, coordinación e velocidade de reacción! Conecta correctamente diferentes módulos electrónicos para crear o teu propio circuíto de xogo. Unha vez preparado, comeza o reto: atrapar o LED correcto no momento preciso. Cando se ilumine unha cor, terás que reaccionar rapidamente e premer o botón correspondente. Se acertas, sumas puntos; se te equivocas, perderás puntos. Conecta. Reacciona. Acierta. Só quen reaccione con máis rapidez e precisión conseguirá acumular o maior número de acertos e chegar ao máis alto do marcador. Quen conseguirá a maior puntuación?
-
Tren robótico
Deseña a vía e pon a proba o tren! Nesta actividade terás que deseñar o teu propio circuíto ferroviario, combinando diferentes tramos de vías e colocando distintos sinais ao longo do percorrido. O tren robótico xa está programado para percorrer as vías e, mediante os seus sensores, será capaz de ler e interpretar os sinais que atope durante o camiño, reaccionando de forma diferente segundo cada un deles. O reto será crear un circuíto no que o tren poida demostrar que é capaz de recoñecer e responder correctamente a todos os sinais. Deseña. Experimenta. Comproba. Unha actividade na que terás que poñer en práctica a túa creatividade, lóxica e capacidade de planificación para crear o percorrido perfecto. Serás capaz de poñer o tren en ruta?