Tecnoloxías Ambientais
cretus.usc.esCRETUS procura o diagnóstico, desenvolvemento tecnolóxico e avaliación de solucións, para abordar dun xeito holístico retos ambientais ambiciosos a través dunha cooperación interdisciplinar. A investigación de CRETUS combina as capacidades de diferentes áreas das Ciencias Experimentais (ecoloxía, ecotoxicoloxía, modelización, química analítica e ambiental), Ciencias Sociais (dereito ambiental, economía e psicoloxía social), Humanidades (arqueoloxía) e Enxeñaría (biotecnoloxía e enxeñaría ambiental e de procesos).
A súa axenda científica estrutúrase en 3 prioridades:
- Auga Segura
- Solos Saudables
- Cidades e Industrias Sostibles