Redes sociales

Instagram Volver

IGFAE

Carlos Salgado

Carlos Salgado

Director científico

A comprensión dos elementos fundamentais da materia levou aos maiores avances científicos, tecnolóxicos e sociais do planeta

Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear

igfae.usc.es

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) é un centro creado en 1999 para coordinar a investigación co Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), en Xenebra.

Na actualidade traballa e colabora coas infraestruturas científicas máis importantes do mundo como GSI/FAIR en Alemaña, o Observatorio Pierre Auger na Arxentina ou LIGO nos Estados Unidos. Conta tamén cunha importante actividade en Física Teórica.

Programa

Benvida a IGFAE

Apertura da xornada a cargo do director do IGFAE, Carlos A. Salgado.

Obradoiros infantís (entre 6 e 12 anos)

  • A ciencia da luz: constrúe a túa caixa "radioactiva" con Marie Curie
  • Electromagnetismo: como funcionan os motores? Constrúe o teu robot con Simone Giertz

Charlas divulgativas

  • 10:15 César Cabrera | Enfriando átomos: simulación cuántica cerca do cero absoluto
  • 12:10 Jaime Álvarez | O noso cachiño de Nobel: á procura dos neutrinos ultraenerxéticos
  • 16:10 Cristina López | LHC: Levando as High-energies (altas enerxías) ao cotián
  • 18:10 Carlos Salgado | Como se constrúe un microscopio de 27km (e para que o queremos)

Actividades para público xuvenil e adulto

  • Mergúllate nun núcleo atómico con realidade virtual
  • O esencial (non) é invisible: entendendo a radiación que nos rodea
  • A materia peza a peza: constrúe o teu propio átomo!

Coñece o IGFAE por dentro

Visita guiada polas instalacións e laboratorios do centro