Rede de Centros Singulares de Investigación da USC

  • Representación del Edificio CiQUS
  • Representación del Edificio CiMUS
  • Representación del Edificio CiTIUS
  • Representación del Edificio IGFAE

CIENCIA SINGULAR

A investigación de excelencia da USC abre as súas portas á cidadanía galega

A quinta edición de Ciencia Singular recupera o formato presencial da xornada tralo parón imposto polas restricións sanitarias de 2020, que houbo de ser virtual. O CiQUS, CiMUS, CiTIUS e IGFAE abrirán, deste xeito, as súas portas á cidadanía unha vez máis para celebrar o seu meirande encontro de divulgación anual, que convida a familias e visitantes de tódalas idades a achegarse á investigación de excelencia desenvolvida no ecosistema científico da Rede de Centros Singulares da USC.

O prazo de inscrición para participar nesta xornada está aberto. Para manterte ao día, podes seguir as redes sociais de Ciencia Singular en Twitter (@cienciasingular) ou Instagram (@cienciasingular).

CiQUS

Química Biolóxica e Materiais Moleculares

usc.es/ciqus

A Química é unha das ferramentas máis poderosas coas que conta a sociedade para afrontar os desafíos do século XXI. Cada día, o compromiso dos investigadores do CiQUS permite explorar novas aplicacións en campos como a saúde (Química Biolóxica e Médica), ou a industria (Materiais Funcionais, Catálise). En só nove anos o centro tense consolidado como referente de investigación interdisciplinaria na fronteira entre a Química, a Biomedicina e a Ciencia de Materiais.

Introdución

Durante a xornada de Ciencia Singular, no CiQUS abriremos as portas dos nosos laboratorios para levar a cabo unha serie de encontros cos nosos investigadores nun formato próximo. A actividade Conversas cos nosos investigadores permitiranos coñecer de primeira man o traballo que os nosos científicos desenvolven habitualmente no centro e os últimos avances nos seus respectivos campos.

Doutra banda, Xogando coa química é un conxunto de actividades dirixidas aos máis pequenos mediante talleres onde poderán familiarizarse cos polímeros a través de rechamantes demostracións ou coñecer a importancia que teñen os cambios de cor en Química. Tamén serán testemuñas de diversos fenómenos luminiscentes e poderán entender como ocorren, ademais de realizar coas súas propias mans algúns dos experimentos máis divertidos.

Durante a aventura Infiltrados no Laboratorio, os asistentes participarán nun percorrido guiado para coñecer o emprego de diversas técnicas habituais e comprender o funcionamento dalgúns dos equipos máis representativos do centro.

Contidos

Benvida ao CiQUS

Xogando coa Química

  1. Química dos Polímeros
  2. Química das Cores
  3. As reaccións na Química
  4. Xerando luz

Infiltrados no Laboratorio

  1. Laboratorio de Resonancia Magnética Nuclear (RMN)
  2. Laboratorio de Microscopía Avanzada
  3. Laboratorio de equipos instrumentais

Infiltrados no Laboratorio

  • Diego Peña: Cara á manipulación molecular
  • María Tomás: Química artificial en células
  • Moisés Gulías: Catálise con metáis preciosos
  • Rebeca García: Matrix 2.0: a simulación molecular
  • Fran Rivadulla: Transporte de calor en nanoestruturas
  • Ester Polo: Nanomateriais para Biomedicina
  • Eddy Sotelo: Descubrimento de fármacos
  • Manuel Ortuño: Química con computadores

Paneis científicos

Videos

CiMUS

Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas

usc.es/cimus

O CiMUS ten como obxectivo promover o desenvolvemento da investigación interdisciplinar no campo das ciencias biomédicas, a través da interacción e a colaboración interna e con grupos nacionais e internacionais de relevancia. Como resultado deste esforzo, no noso centro alóxanse distintos grupos cun gran potencial en investigación básica e outros cun compoñente máis traslacional, que son altamente recoñecidos nos seus campos.

A nosa actividade científica céntrase na prevención, o coñecemento e o tratamento de enfermidades crónicas nas áreas de cancro, cardio-metabolismo e Neurociencias, así como nas áreas transversais de xenómica, vehiculización de fármacos, descubrimento de fármacos e medicina rexenerativa.

Contidos

Benvida ao CiMUS

Obradoiros Ciencia divertida

  1. Saúde bucodental: elaboración dun dentífrico natural.
  2. Observando como científicos: células animais e vexetais.
  3. A importancia do pH: o que nos conta a lombarda.
  4. Xenerador de electricidade estática Van de Graff. O corpo humano como circuíto divertido.

Charlas divulgativas *

  • 10:00 “Solucionar problemas ‘Xigantes’” Clara Álvarez Villamarín.
  • 12:00 “Que é a Medicina personalizada e por que é importante?” Ángel Carracedo.
  • 16:00 “Hérdase o cancro?” Fernando Domínguez.
  • 18:00 “La vida es sueño. Por que durmimos?” Olga Barca Mayo.

* As charlas son en formato híbrido: presenciais e retransmitidas en streaming a través da canle de Youtube do CiMUS.

Visita ao laboratorio: Proxecto Innopharma

Obradoiros de divulgación

  1. Ilusións sensoriais.
  2. Microscopía: First dates...de lévados.
  3. Electroforese: Códigos de barras de ADN.
  4. Plaquetas: Dr. Jeckyll & Mr. Hyde.
  5. Sistema vascular: as autopistas da vida.
  6. CiMUS Podcast.

Tour virtual 360º ao centro

CiTIUS

Tecnoloxías Intelixentes

citius.usc.es

O CiTIUS traballa no desenvolvemento dunha nova xeración de tecnoloxías intelixentes que integren a Intelixencia Artificial (IA) nos diferentes niveis existentes entre o mundo físico e o cognitivo. O obxectivo é tirar proveito das potencialidades da IA na resolución de problemas cada vez máis complexos e poñela ao servizo das persoas, garantindo a trasparencia e a confiabilidade. Entre as súas múltiples aplicacións figuran eidos como a saúde, a industria, o transporte ou as cidades intelixentes.

Contidos

Benvida ao CiTIUS Senén Barro

Visita guiada

  1. Intelixencia artificial nun circuíto integrado
  2. Intelixencia artificial explicable
  3. Máquinas que entenden a linguaxe humana
  4. Platón e a aprendizaxe automática
  5. Detección e seguimento visual de obxectos

Conferencias divulgativas

  • 11:10 Intelixencia Artificial, imaxes e saúde, Mª José Carreira.
  • 13:10 Agrupamento automático de condicións hidrográficas nas rías galegas, David Losada.
  • 17:10 O final dunha era: supercomputadores Exascale. Unha historia moi breve, Juan Carlos Pichel.
  • 19:10 Cando menos é máis: Intelixencia Artificial e computación no bordo, Paula López.

Infiltrados no Laboratorio

  1. Competindo ao Scalextric contra a Intelixencia Artificial
  2. Coñecendo aos robots

IGFAE

Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear

igfae.usc.es

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías é un centro acreditado como Unidade de Excelencia “María de Maeztu” cuxas áreas de investigación tentan responder moitas das preguntas esenciais da natureza física: o estudo da realidade microscópica a nivel fundamental (Modelo Estándar), a conexión entre física de partículas e cosmoloxía, e a estrutura nuclear e as aplicacións médicas. Desde a súa fundación, a colaboración en grandes infraestruturas internacionais como CERN forma parte do ADN do IGFAE.