• Representación do CiQUS
    • Item flotante do CiQUS
    • Item flotante do CiQUS
    • Item flotante do CiQUS
    • Item flotante do CiQUS
    • Item flotante do CiQUS
  • Representación do CiMUS
    • Item flotante do CiMUS
    • Item flotante do CiMUS
    • Item flotante do CiMUS
    • Item flotante do CiMUS
    • Item flotante do CiMUS
    • Item flotante do CiMUS
  • Representación do CiTIUS
    • Item flotante do CiTIUS
    • Item flotante do CiTIUS
    • Item flotante do CiTIUS
    • Item flotante do CiTIUS
    • Item flotante do CiTIUS
    • Item flotante do CiTIUS
    • Item flotante do CiTIUS
  • Representación do IGFAE
    • Item flotante do IGFAE
    • Item flotante do IGFAE
    • Item flotante do IGFAE
    • Item flotante do IGFAE
    • Item flotante do IGFAE

CIENCIA SINGULAR

A investigación de excelencia da USC abre as súas portas á cidadanía galega

Nesta sexta edición de Ciencia Singular o CiQUS, CiMUS, CiTIUS e IGFAE abrirán as súas portas á cidadanía unha vez máis para celebrar o seu meirande encontro de divulgación anual, que convida a familias e visitantes de tódalas idades a achegarse á investigación de excelencia desenvolvida no ecosistema científico da Rede de Centros Singulares da USC.

Para manterte ao día, podes seguir as redes sociais de Ciencia Singular en Twitter (@cienciasingular) ou Instagram (@cienciasingular).

Actividade financiada polo Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a USC para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i:

CiQUS

Química Biolóxica e Materiais Moleculares

usc.es/ciqus

A Química é unha das ferramentas máis poderosas coas que conta a sociedade para afrontar os desafíos do século XXI. Cada día, o compromiso dos investigadores do CiQUS permite explorar novas aplicacións en campos como a saúde (Química Biolóxica e Médica), ou a industria (Materiais Funcionais, Catálise). Desde o comezo da súa actividade, no ano 2011, o centro tense consolidado como referente de investigación interdisciplinaria na fronteira entre a Química, a Biomedicina e a Ciencia de Materiais.

Introdución

Durante a xornada de Ciencia Singular, o CiQUS volverá abrir as súas portas “de par en par”. Os nosos visitantes seran Detectives Moleculares por un día, así que deberán estar ben atentos para poder identificar moléculas. Ademais, os visitantes estarán Infiltrados no laboratorio para coñecer in situ como traballan os científicos do centro e conversar de primeira man con eles sobre desafíos tan interesantes como os materiais grafénicos ou o uso de nano-ferramentas con aplicacións biolóxicas. Mentres tanto, os máis pequenos divertiranse Xogando coa Química, observando como brillan algunhas bacterias mediante unha proteína fluorescente, ou aprendendo os segredos da cociña molecular, entre outras sorpresas que se prepararon para a xornada.

Contidos

Benvida ao CiQUS

Xogando coa Química

  1. Novos materiais sostibles
  2. Os microorganismos rodéannos
  3. A Química do día a día
  4. Polímeros divertidos
  5. Gastronomía molecular

Detectives moleculares

  1. Laboratorio de RMN
  2. Laboratorio de Microscopía Avanzada
  3. Laboratorios de apoio instrumental

Infiltrados no Laboratorio

  • Francisco Rivadulla: Transporte de calor en nanomateriales e materiais moleculares
  • Eduardo Fernández: Dendrímeros con aplicacións biomédicas
  • Fernando López: Novos catalizadores metálicos e as súas aplicacións
  • Beatriz Pelaz: Nano-ferramentas para aplicacións biolóxicas
  • Miguel Vázquez: Metalopéptidos contra o cancro
  • Dolores Pérez: Un Lego molecular para construir materiais grafénicos
  • María Giménez: Materiais para unha transición enerxética sostible
  • Concepción González: Do computador ao fármaco

Paneis científicos

Videos

CiMUS

Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas

usc.es/cimus

O CiMUS ten como obxectivo promover o desenvolvemento da investigación interdisciplinar no campo das ciencias biomédicas, a través da interacción e a colaboración interna e con grupos nacionais e internacionais de relevancia. Como resultado deste esforzo, no noso centro alóxanse distintos grupos cun gran potencial en investigación básica e outros cun compoñente máis traslacional, que son altamente recoñecidos nos seus campos.

A actividade científica actual estrutúrase en 3 grandes áreas:

  1. Mecanismos básicos da enfermidade
  2. Medicina de Precisión
  3. Teranóstica, Nanoentrega e Descubrimento de fármacos.

Contidos

Benvida ao CiMUS

Benvidos a unha nova edición presencial da Xornada de Portas Abertas do CiMUS.

Obradoiros Ciencia divertida

(recomendada para público infantil de 6-12 anos)

  1. Saúde bucodental: elaboración dun dentífrico natural.
  2. Observando como científicos: células animais e vexetais.
  3. Hixiene: fabricamos un xabón personalizado.
  4. Xenerador de electricidade estática Van de Graff. O corpo humano como circuíto divertido.

Charlas divulgativas *

  • 10:00 “É o autismo un trastorno de base xenética?” Ángel Carracedo.
  • 12:00 “Cancro e envellecemento” Fernando Domínguez.
  • 16:00 “Modificacións químicas do ARN: vacina do COVID-19 e moito máis” Diana Guallar.
  • 18:00 “A que ritmo envellecemos?” Olga Barca Mayo.

* As charlas son en formato híbrido: presenciais e retransmitidas en streaming a través da canle de Youtube do CiMUS

Visita ao laboratorio: Plataforma Innopharma

Visita aos laboratorios da Plataforma Innopharma localizados no CiMUS. Innopharma é a Plataforma de Cribado de Fármacos e Farmacoxenómica da Universidade de Santiago de Compostela adicada ao descubrimento de fármacos, dirixida pola Dra Mabel Loza e o Dr. Ángel Carracedo.

Se non é posible a visita presencial nesta xornada, non perdas a ocasión de facer a visita virtual.

Obradoiros de divulgación

(recomendados para público adolescente e adultos)

  1. O cerebro nas túas mans

    Neste obradoiro ensinarémosche as neuronas e outras células do sistema nervioso que forman a glía. Todas elas se organizan para formar as distintas partes do sistema nervioso, que ti mesmo poderás montar e desmontar: o cerebro nas túas mans.

    Este ano celébrase o "Ano de Investigación Santiago Ramón y Cajal", considerado o ‘pai da neurociencia’ e descubridor das neuronas. Se queres saber máis del, contámoscho neste obradoiro. #AñoCajal

  2. Como falan as neuronas?

    Abracadabra: chispas … esa é a solución á pregunta.

    O idioma internacional non é o inglés, senón as diferenzas de potencial das membranas das neuronas e a electrofisioloxía, a Pedra Rosetta que nos permite traducir e entender como falan entre elas.

    Neste obradoiro vivirás en primeira persoa como se transmite o impulso nervioso.

  3. O Muro do cerebro: a barreira hematoencefálica contra os camiñantes brancos

    Sabías que os vasos sanguíneos do cerebro poderían cubrir a distancia entre Santiago de Compostela e Madrid?

    Os vasos sanguíneos cerebrais son os encargados de levarlle ó cerebro osíxeno e nutrientes, á vez que limitan a entrada de substancias tóxicas. O dano nas paredes dos vasos está relacionado con numerosas enfermidades neurolóxicas, polo que é imprescindible contar con ferramentas para a súa protección.

    Neste taller veremos a estrutura do cerebro e diferentes métodos para manter o seu correcto funcionamento.

  4. Quen é a estufa na casa?

    Sabes como de quente está o teu corpo ou como podemos medir a temperatura corporal sen usar un termómetro?

    A cámara termográfica ofrece imaxes infrarroxas que indican mediante unha escala de cores a temperatura á que está cada parte do corpo.

    Ven e deixa que che saquen unha foto especial. Neste taller explicaremos a utilidade desta tecnoloxía no estudo da graxa parda (a boa) e a obesidade.

  5. A locomotora da vida

    "Cando unha porta se pecha, ábrese outra”. Sabes que o teu corazón o fai de forma rítmica 100.000 veces ao día, bombeando máis de 7.500 litros de sangue sen parar! Podería encher o depósito do teu coche máis de 100 veces! Pero, que pasa cando algo sae mal?…

    Neste obradoiro amosarémosche a estrutura do corazón e como funciona. Veremos os problemas máis frecuentes e a mellor forma de coidalo.

  6. Patólogo por un día

    Convértete en científico visualizando tecidos de tumores da tiroides ao microscopio. Ademais, poderás actuar como un verdadeiro patólogo de laboratorio vendo a proliferación de células para clasificar tumores en benignos ou malignos.

    Grazas á xenerosidade de pacientes, contamos co banco TIROCHUS, que contén todo o espectro de enfermidades da tiroides e que fan posible a investigación

Tour virtual 360º ao centro

Vén coñecer por dentro as nosas instalacións e os equipamentos cos que conta un centro de investigación en Biomedicina. Agora esta experiencia virtual en 3 idiomas.

cimus360.usc.gal/visita-virtual

Videos

Charlas divulgativas

Visita ao laboratorio

Visita virtual ao centro

CiTIUS

Tecnoloxías Intelixentes

citius.gal

O CiTIUS traballa no desenvolvemento dunha nova xeración de tecnoloxías intelixentes que integren a Intelixencia Artificial (IA) nos diferentes niveis existentes entre o mundo físico e o cognitivo. O obxectivo é tirar proveito das potencialidades da IA na resolución de problemas cada vez máis complexos e poñela ao servizo das persoas, garantindo a trasparencia e a confiabilidade. Entre as súas múltiples aplicacións figuran eidos como a saúde, a industria, o transporte ou as cidades intelixentes.

Contidos

Benvida ao CiTIUS Senén Barro

Visita guiada

  1. Realidade Virtual multi-persoa
  2. A desinformación na web
  3. Exploración interactiva de datos medioambientais no proxecto RADAR-ON-RAIA
  4. Realidade Virtual para a rehabilitación de pacientes con cancro de mama
  5. Identificación e caracterización de obxetos en nubes de puntos LiDAR

Conferencias divulgativas

  • 11:10 Procesado intelixente de imaxes en biomedicina, María José Carreira.
  • 13:10 Procesado intelixente de imaxes en biomedicina, María José Carreira.
  • 17:10 Computación cuántica, presente e futuro?, Tomás Fernández Pena.
  • 19:10 A regulación da intelixencia artificial en España e na UE e o "dereito" a unha explicación: unha introdución, Luca Nannini.

Infiltrados no Laboratorio

  1. Competindo ao Scalextric contra a Intelixencia Artificial
  2. Todo un mundo de robots!

IGFAE

Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear

igfae.usc.es

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías é un centro acreditado como Unidade de Excelencia “María de Maeztu” cuxas áreas de investigación tentan responder moitas das preguntas esenciais da natureza física: o estudo da realidade microscópica a nivel fundamental (Modelo Estándar), a conexión entre física de partículas e cosmoloxía, e a estrutura nuclear e as aplicacións médicas. Desde a súa fundación, a colaboración en grandes infraestruturas internacionais como CERN forma parte do ADN do IGFAE.

Contidos

Benvida ao IGFAE

Conferencias divulgativas

  • 10:00 Que pode facer a física nuclear por ti?, Yassid Ayyad.
  • 12:00 Os eventos máis extremos do universo, Juan Ammerman.
  • 16:00 Unha viaxe ao centro da materia, Ana Garbayo.
  • 18:00 Escoitando buracos negros con ondas gravitacionais, Juan Calderón.

Obradoiros infantís

  • Toupiciencia show: espectáculo de experimentos divertidos utilizando o método científico.
  • Einstein Rocket: experimenta a gravidade no espazo interestelar.

Actividades para maiores

  • Descubrindo a radiación: os raios cósmicos.
  • The Universe in a “plushell”: un zoo do máis particular.
  • Visita ao Laboratorio Láser de Aceleración e Aplicacións.

Exposicións

  • Carta de núcleos en 3D construída con pezas LEGO.
  • 10º aniversario do descubrimiento do bosón de Higgs.