Benvida ao CiTIUS
Benvida da dirección do centro (10:00 - 12:00 - 16:00 - 18:00)
Adultos
Pola mañá (10:10 - 14:00)
As visitas ao centro comezan cun percorrido polas súas zonas experimentais e de demostración tecnolóxica:
- Game-CiTIUS: a Intelixencia Artificial que aprende xogando (Zona Maker)
Unha proposta lúdica para descubrir como funcionan os algoritmos de aprendizaxe automática a través dunha consola deseñada no propio CiTIUS.
- Entre robots e sensores (Laboratorio de Robótica)
Achega ao público o traballo en robótica colaborativa e intelixencia artificial aplicada á industria e á inspección de infraestruturas.
- Unha ollada ao invisible: viaxa polo mundo microscópico a través da Realidade Virtual (Laboratorio de Realidades Intanxibles)
Unha experiencia inmersiva que permite explorar a beleza e complexidade das estruturas moleculares invisibles ao ollo humano.
No Salón de actos celebrarase tamén un bloque de charlas de divulgación, onde persoal investigador do CiTIUS presentará avances recentes en tecnoloxías intelixentes:
- 20' Charla de divulgación: "Dende o Pico Sacro: cámaras intelixentes, sensores sen batería, e ata 5G/6G" Natalia Abel Fernández.
- 20' Charla de divulgación: "RePowerSIC: a revolución da enerxía sen cables" Antonio García Loureiro.
Pola tarde (16:10 - 20:00)
O programa retómase con novas demostracións e actividades abertas:
- Game-CiTIUS: a Intelixencia Artificial que aprende xogando (Zona Maker).
- IA Portátil: Detección de Persoas e Caras na Palma da Man (Laboratorio de Microelectrónica)
Mostra dun dispositivo de baixo consumo capaz de procesar vídeo e recoñecer persoas e rostros en tempo real.
- Unha ollada ao invisible: viaxa polo mundo microscópico a través da Realidade Virtual (Laboratorio de Realidades Intanxibles)
As charlas da tarde incluirán novas sesións divulgativas no Salón de actos:
- 20' Charla de divulgación: "RePowerSIC: a revolución da enerxía sen cables" Natalia García Seoane.
- 20' Charla de divulgación: "Da Playstation á computación cuántica: a revolución silenciosa da supercomputación" Francisco Javier Cardama.
Xente miúda
Pola mañá (10:10 - 14:00)
O público máis novo poderá gozar de actividades pensadas para aprender xogando:
- Vakaloura: descubre o teu tipo de aprendizaxe
Visual, Auditivo ou Kinestésico? Coñece o teu Estilo de Aprendizaxe!
- Bioxogos: a partida comeza dentro de ti
Sabías que o teu corpo fala unha linguaxe que a ciencia pode analizar? Os sinais eléctricos dos músculos e do corazón convértense en xogos de movemento e enerxía.
Pola tarde (16:10 - 20:00)
As actividades continúan con novas propostas didácticas:
- A informática e a vida
Obradoiro no que reproducimos, de forma sinxela e divertida, o traballo de investigación das ciencias da vida a través dos programas CystAnalyser e STERapp.
- Bioxogos: a partida comeza dentro de ti
Experimenta coa enerxía do corpo e descobre como cada latexo e movemento conta unha historia sobre ti.