Benvida ao CiMUS
Obradoiros Ciencia divertida
(recomendada para público infantil de 6-11 anos)
- Saúde bucodental: elaboración dun dentífrico natural.
- Observando como científicos: células animais e vexetais.
- Xermes e virus, á procura dos microbios
- Xenerador de electricidade estática Van de Graff. O corpo humano como circuíto divertido.
Charlas divulgativas *
- 10:00 “Xenoma Humano: os grandes proxectos internacionais e iniciativas nacionais” Ángel Carracedo.
- 12:00 “Pódese rexenerar o cerebro?” Jannette Rodríguez Pallares.
- 16:00 “Obesidade e enfermidades asociadas: que son? pódense curar?” Rubén Nogueiras.
- 18:00 “A loita interior: cando as túas defensas non fan o que deben” Iria Gómez Touriño.
* As charlas son en formato híbrido: presenciais e retransmitidas en streaming a través da canle de Youtube do CiMUS.
Visita ao laboratorio: Plataforma Innopharma
Como novidade deste ano poderás ver a ampliación da plataforma: O laboratorio de xestión automatizada de compostos (P-1)
Ver vídeo
Obradoiros de divulgación
(recomendados para público adolescente e adultos)
-
O cerebro nas túas mans
Vén coñecer as distintas partes do sistema nervioso e as células que o compoñen, así como a figura do científico Santiago Ramón y Cajal, neste ano de celebración da súa investigación: #AñoCajal
-
Quen é a estufa na casa?
Neste obradoiro explicaremos a utilidade de imaxes infrarroxas no estudo da graxa parda e a obesidade.
-
A locomotora da vida
Neste obradoiro amosarémosche a estrutura do corazón e como funciona, veremos os problemas máis frecuentes e a mellor forma de coidalo.
-
Ilusións ópticas: maxia ou ciencia?
Neste obradoiro abrirémosche os ollos á realidade de como nos engana o cerebro.
-
Farmacoxenética: descifrando o ADN
Neste obradoiro aprenderás como está escrita esta información nos nosos xenes e como esta información afecta á resposta ao tratamento cun medicamento.
Proxecto de mecenado “Sumo Valor”
Combater a calcificación das arterias para previr a enfermidade cardiovascular.